Friday 17 de May de 2024

Ordes estrea este sábado o seu programa de Nadal coa obra teatral ‘Eran outros tempos, ou non?


A obra está dirixida para un público a partir de 12 anos

O Concello de Ordes arranca este sábado o seu programa de Nadal coa obra teatral ‘Eran outros tempos, ou non?’. A cita está posta para as 20.30 horas no auditorio da casa da cultura, e está especialmente dirixida para aqueles e aquelas que teñan de 12 anos en adiante.
A obra, da compañía Disfunción Teatro, está dirixida por Jouse García e no reparto figuran Bea del Río, Natalia Carbajal, Sara Andújar, Marí Porto, Clara Iglesias, Guille Pose, Alejandro Picallo, Manuel Rosende e Manu Mougán.